Máis de 700 persoas arroupan a ACEM na súa carreira-andaina solidaria pola esclerose múltiple

09 Xuño 2023

A ACEM celebra este domingo 11 de xuño, ás 11h. no Campus Sur-Alameda de Santiago, a súa VI carreira e a súa andaina solidaria pola esclerose múltiple. A asociación confirmou a participación de máis de 700 persoas. A proba desenvolverase baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.

A foto oficial da saída está programada para as 11h. Asistirán: Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor López, delegado territorial da Xunta en A Coruña, Esther Pedrosa Carrete, concelleira de Deportes do Concello de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, BNG Santiago de Compostela, Borja Verea Fraiz, Partido Popular Santiago de Compostela, María Rozas Pérez, Compostela Aberta, Teresa González Salvadores, presidenta de ACEM (e outros membros da xunta directiva); Alfonso Cruz, Mario González e Ricardo Arias, de Gonzacar-Galmotor; Alice Rigby e José Cotelo, de Xedicom; Oscar Rodríguez Mallo e Pedro Rodríguez Mallo de Fisela; Pedro Nimo del Oro, atleta participante; Leticia Rodríguez Hernández, Viaqua; e Raquel Costas Turnes, da empresa Altia.

A carreira-andaina solidaria pola esclerose múltiple de ACEM enmarcase nas actividades realizadas por ACEM no marco do Día Mundial da Esclerose Múltiple, co obxectivo de visibilizar e sensibilizar sobre a doenza, dar a coñecer a ACEM como entidade de referencia na atención sociosanitaria para as persoas afectadas e as súas familias, e recadar fondos para atender as necesidades das persoas con esclerose múltiple.

Aquelas persoas que non poidan acudir á Carreira-Andaina, poden contribuir solidariamente con ACEM a través do Dorsal 0.

A Carreira-Andaina é posíbel grazas aos patrocinadores desta VI edición: Bristol Myers Squibb, Gonzacar-Galmotor, Xedicom e Fisela, e tamén ás colaboracións que se foron canalizando estes meses a través de distintas empresas e institucións: Concello de Santiago, Obradoiro CAB, Altia, Viaqua, Jaime y Ramón Otero Caritón, Moonoff, Novoneón Rótulos, Monbus, ACV Publicidad, Escenoset, Oca Hotels, Mouse Santiago, GSI, Prysmadent, Portomédica, Los Ángeles Gas, Grupo Alumisán, O Pan de Leis, García Salgado Asesores, Alda Hotels, Gadis, Da Veiga, Sogama, Toldos Gómez, Deportes Caneda, Farmacia Valdés e Opticalia.


Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.