3,1 millóns de euros para a dixitalización das administracións locais da provincia da Coruña

07 Xuño 2023

A Deputación da Coruña vén de recibir 3,1 millóns de euros de fondos europeos para impulsar a dixitalización da administración local na provincia, concedidos dentro da convocatoria do Ministerio de Política Territorial para proxectos de modernización e dixitalización das entidades locais, forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-Next Generetion EU.

A Deputación da Coruña recibe un total de 3.169.370 euros para impulsar o proxecto Concello Dixital, a aposta do goberno provincial para fomentar o uso da administración electrónica nos concellos, que suma xa 80 entidades locais adheridas, e continuar mellorando as súas propias infraestruturas dixitais, creando un ecosistema dixital resiliente e con capacidade para os novos servizos e canles dixitais

Ademais, ao abeiro desta mesma convocatoria, os concellos coruñeses con poboación de entre 20.000 e 50.000 habitantes recibirán outros 1.492.396 euros de forma directa

Estes 4.631.766 euros de fondos europeos permitirán mellorar os servizos públicos dixitais á cidadanía e empresas, reducir a fenda dixital e posibilitarán a utilización activa das tecnoloxías emerxentes para a creación de novos servizos dixitais na administración local.

Estes fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia permitirán seguir avanzando na Estratexia Dixital da Deputación da Coruña, que ten como prioridade a implantación dunha administración totalmente dixital adaptada ás entidades locais, situando a cidadanía no centro da actividade administrativa a través de máis e mellores servizos interactivos que axilizan os trámites e que garanten a eficiencia da administración a nivel local.

A Estratexia Dixital que está a desenvolver a Deputación da Coruña baséase en catro eixes: a accesibilidade dixital universal, a ciberseguridade, a mellora das infraestruturas dixitais e o proxecto Concello Dixital, que xa chega a 80 entidades da administración local da provincia.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.