O Concello de Ribeira confirma a concesión de máis fondos europeos para instalar plantas fotovoltaicas en catro novos inmóbeis

19 Maio 2023

O Concello de Ribeira vén de confirmar a concesión de novos fondos europeos Next Generation para a instalación de plantas fotovoltaicas nos edificios públicos do Centro de Raqueta en Coroso, a sede da Policía Local, o Conservatorio Enrique Paisal e a Oficina de Turismo do Malecón.

O Centro da Raqueta de Ribeira

O importe desta nova axuda ascende a 29.000 euros e permitirá a instalación de 68 paneis solares: 18 na Policía Local (cunha potencia de 8 kW), 24 no Centro de Raqueta (10 kW), 8 na Oficina de Turismo (3kW) e 18 no Conservatorio (8 kW).

A acción está enmarcada no Plan de Transición Enerxética Municipal, á que tamén corresponde a subvención obtida para a instalación de plantas fotovoltaicas na UAD, o novo Auditorio e o Complexo da Fieiteira que lle foi comunicado polo INEGA a finais do mes pasado.

O Concello lembrou que o proxecto de rehabilitación do Consistorio e a construción da nova biblioteca municipal tamén levan aparelladas a instalación de plantas fotovoltaicas, e que o EDAR de Couso tamén dispón deste tipo de elementos destinados a diminuír o gasto enerxético.

Climatización

Por outra parte, o Concello tamén recibiu a confirmación dunha axuda para a mellora da eficiencia enerxética no edificio da Policía Local (que alberga tamén o Arquivo Histórico Municipal), neste caso correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, coa finalidade de instalar un novo sistema de climatización formado por unha bomba de calor roof-top situada na cuberta do edificio, e os condutos para a distribución interior do frío/calor xerado.

O importe desta axuda é de 30.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.