Patricia González Moreira é natural de Tui mais leva media vida na Coruña, se cadra é por iso, porque pode trazar unha liña vital que atravesa toda Galicia, que recolle na súa persoa sabiduría musical en cantidades abrumadoras.
Apaixoada da frauta travesa, tivo a ben facer unha parada no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira para coñecer ás frautistas da Barbanza e arredores, coas que traballou os días 16 e 17 de maio de maneira incansable, aportándolle consellos e correccións para a melloría e desfrute das frautistas en etapa formativa.
Desde a aula de frauta travesa fican encantadas con esta visita e contan os días para unha segunda edición dun curso coma este.



