Vegalsa-Eroski e Política Lingüística celebran as Letras Galegas con bolsas e carteis conmemorativos en 215 establecementos

15 Maio 2023

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski, volveron xuntar forzas para conmemorar as Letras Galega, este 17 de maio. Fixérono cunha campaña conxunta que celebra a nosa cultura e a figura de Francisco Fernández del Riego (homenaxeado este ano nas Letras) cunha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán a 215 establecementos da rede Eroski e Autoservicios Familia.

No acto de presentación, que incluíu unha pegada simbólica de carteis no Eroski Center de Portanet, en Vigo, participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen lles lembrou aos presentes que “se hoxe celebramos o Día das Letras Galegas é por iniciativa de Francisco Fernández del Riego, que o ideou e o promoveu para unir a todos os galegos e galegas arredor da nosa lingua e da nosa cultura e que, co paso dos anos, se converteu nunha das celebracións máis importantes de Galicia”.

Canda García tamén participaron o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; a directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e o director de Márketing da compañía, Julián Hernández.

Carteis e bolsas conmemorativas

Desde este luns 15, máis de 200 establecementos da distribuidora alimentaria contarán nas súas instalacións cos carteis gañadores na categoría de Primaria e Infantil do Concurso-Exposición Letras Galegas 2023 da Xunta, deseñados polo alumnado e profesorado do CEIP Juan Rey de Lourenzá, vila natal de Francisco Fernández del Riego.

Ademais, distribuiranse 21.000 bolsas de papel e máis de 1.400.000 bolsas de plástico coa inscrición Estamos a poñer en marcha algo grande, extraída dunha carta persoal do homenaxeado dirixida a Ramón Piñeiro no ano 1950 a na que facía referencia á fundación da Editorial Galaxia.

Ampla programación polas Letras Galegas

Esta campaña enmárcase na programación de máis dun centenar de accións que o Goberno galego, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais, impulsan para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas e homenaxear a Francisco Fernández del Riego.

Entre as distintas actividades tamén se inclúen accións como a realizada este luns polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que presentaron o folleto Vivo na vila de Francisco Fernández del Riego editado co gallo das Letras Galegas co apoio da Xunta.

Producido pola empresa Ouvirmos, quere achegar “nun formato orixinal e moi visual” a figura do ilustre laurentino á cidadanía. O folleto inclúe, entre outros contidos, unha fotonovela ao redor da vida do poeta, apartados especiais sobre a súa obra escrita e activismo literario, así como pasatempos vinculados coas localidades vitais e obra de don Paco. Será distribuído a toda a veciñanza da súa vila natal de Vilanova de Lourenzá, e ao público participante nas diferentes iniciativas que se desenvolvan na vila.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.