O Museo de Artes de Ribeira inaugura unha mostra de Manuel Ayaso e Alfonso Costa na que recrean os estilos de Picasso

13 Maio 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración dunha mostra dos artistas barbanzanos, Manuel Ayaso e Alfonso Costa, no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

A mostra, que estará aberta ata xuño, forma parte do programa cultural específico deseñado por este museo en homenaxe ao artista malagueño. Nesta ocasión, Ayaso e Costa, a través das súas obras, recrean temas e estilos picassianos como a tauromaquia, o cubismo, o Guernica ou o circo, entre outros. 

O representante da Consellería de Cultura gabou o labor do Museo de Artes e a súa relación coa figura de Picasso. Non en balde, este centro custodia distintas obras do artista, algunhas das cales foron aportadas para Picasso, branco no recordo azul, a gran exposición coa que a Xunta reivindica a pegada galega na traxectoria do artista, que se pode visitar no Museo de Belas Artes da Coruña.

A primeira das actividades en torno ao artista malagueño arrancou cunha primeira mostra, Gravados ao linóleo de Pablo Picasso, que estivo aberta ao público ata finais de abril. Posteriormente, xa en outubro, haberá unha terceira mostra de linogravados así como obradoiros específicos.

A exposición destes creadores do Barbanza conmemora o 50 aniversario do pasamento do pintor malagueño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.