Noia volve saír en peregrinaxe cara a capela compostelá de Santa Rita (o día 21 de maio)

12 Maio 2023

O Concello de Noia, en colaboración con Protección Civil e Cruz Vermella local, organiza este mes de maio unha nova edición da peregrinación de Santa Rita. Celebrarase o 21 de maio con saída da paza do Concello ás 23.00 horas.

Segundo informou o Concello, as persoas participantes estarán asistidas por ambulancia, que as acompañará durante todo o percorrido.

Despois da misa ás 8.00 horas, haberá autobuses, para a volta, que sairán ás 9.00 horas. As persoas interesadas poderán recoller os tíckets para o autobús no primeiro andar do Concello, ata o xoves 19 ás 14h.

A andaina consiste nunha peregrinaxe nocturna a Santiago, coa meta na igrexa de San Agostiño, que acubilla a capela de Santa Rita. Novamente o obxectivo será reivindicar a tradición nocturna desta marcha ao tempo que se visualiza o carácter referencial de Noia como vila xacobea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.