A patronal de Ribeira entrega os premios da Campaña do Día da Nai

11 Maio 2023

Este xoves 11 de maio o local da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu pola mañá a entrega de premios da Campaña do Día da Nai, celebrada os días pasados. Contouse coa presenza do presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, e do concelleiro de Promoción Económica, Ramón Doval. No acto entregouse o galardón de 1.000 euros en compras a Mariola Mandrágora (co asesoramento dunha personal shopper). As persoas agraciadas cunha cesta de compra de 50 euros foron Carolina (Regalos O Capricho), Ángeles (Oasis Cafetería), Fernanda Cores (Gena’s) e Mariana (Ribalá).

A campaña activouse o 25 de abril. Incluíu un sorteo dirixido a tódolos clientes que mercasen ou consumisen durante eses días (até o 7 de maio) nos establecementos asociados participantes. O obxectivo fundamental foi incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira, segundo explicou a patronal.

O premio grande desta campaña foi un vale de compra por importe de 1.000€ e o asesoramento dunha personal shopper que acompañará á persoa premiada no momento de realizar as compras do premio. Este ten que ser gastado un día en concreto a determinar entre a asociación e a/o premiada/o nos establecementos participantes nesta campaña, como data máxima o 31 de maio de 2023. O importe deste premio deberá ser gastado nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración.

Os outros premios da campaña foron 20 entradas para unha sesión de masterclass de estilismo e cestas da compra valoradas en 50€ cada unha.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.