Recital da clarinetista Tania Villasuso no Conservatorio de Ribeira ” Enrique Paisal”

05 Maio 2023

O pasado mércores tivo lugar unha masterclass a cargo da clarinetista Tania Villasuso Couceiro. Tania é natural de Ferrol pero estivo no noso centro durante tres cursos académicos. Logo da súa estadía en Ribeira volveu á súa terra onde rematou o grao profesional trasladándose posteriormente a cursar o grao superior á Comunidade Valenciana. A súa formación veuse enriquecida tras continuar os seus estudos nos Estados Unidos, na Curtis Institude of Music de Philadelphia e na Rice University “Sheperd Scholl of Music”.

No Recital Tania estivo acompañada do profesorado pianista do centro, Mauricio Vicente Quijeiro, Julio César Pereda Suáres e pola profesora da escola e tamén clarinetista Alejandra Medín Doce.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.