Ribeira logra mais de medio millón de fondos Next Generation para a rehabilitación do edificio do conservatorio de Aguiño

03 Abril 2023

A Movilidad y Agenda Urbana acaba de publicar a resolución provisional da liña 2 da convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública (PIREP) no marco do seu Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia e, unha vez mais, o Concello de Ribeira é unha das entidades beneficiarias pois, se na liña 1 se conqueriran 2,8 millóns de euros para reformar a casa consistorial, desta vez son 539.033,16 euros os que obtén coa fin de rehabilitación o edificio do Conservatorio de Aguiño
En total foron 181 as entidades españolas que resultaron beneficiarias (en Barbanza tamén foi elixida a rehabilitación da Casa de Cultura de Boiro). A proposta de Aguiño obtivo un total de 59,33 euros, acadando o importe máximo subvencionable. O Concello deberá cofinanciar a actuación con 145.000 euros.
Hai que lembrar a este respecto que no pasado mes de xuño distintos representantes do Concello (as edís Ana Barreiro, Juana Brión e María Sampedro) mantiveron un encontro de traballo cos representantes das distintas entidades que son usuarias do edificio do Conservatorio para consensuar posibles actuacións dirixidas á mellora da eficiencia enerxética en edificios públicos con miras a presentar unha proposta ao PIREP: programa que ten por obxecto reducir, alo menos, un 30% o consumo de enerxía primaria non renovable e potenciar a habitabilidade mellorando a accesibilidade física, cognitiva ou sensorial dos inmobles e o mantemento e a sustentabilidade ambiental de todo tipo de edificios de uso público.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...