O novo centro de saúde ribeirense deberá estar nun lugar céntrico e accesible grazas á emenda do BNG

28 Marzo 2023

A Corporación ribeirense aprobou a emenda realizada polo BNG para buscar unha localización céntrica, accesible e consensuada para o novo centro de saúde ribeirense. Todos os grupos respaldaron a proposta agás o PP que votou en contra.

A proposta feita polo goberno local, de maneira unilateral, era mercar por máis de 800.000€ un terreo situado en Coveliño a carón da escola infantil para cederllo ao Sergas co obxectivo de emprazar o novo centro de saúde de Ribeira.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, argumentou que o espazo elixido polo goberno local presenta elevadas pendentes que dificultarían moito os movementos das persoas con mobilidade reducida. Por outra banda, tamén se referiu a que a zona proposta carecería das prazas de estacionamento suficientes e atópase moi lonxe das paradas de transporte público o que implica que as persoas que carecen de vehículo propio terían serias dificultades para chegar. Tal é así que o propio rexedor dixo que “non é un lugar idóneo”.

“Ribeira non pode permitirse o luxo de gastar os cartos públicos en facer un centro de saúde nun lugar equivocado polo interese electoralista do PP.  O pleno dixo non ás propostas erradas e unilaterais do señor Ruiz para dicirlle si ás alternativas propostas polo BNG que suscitan grandes consensos” aclarou Pérez Barral.

Grazas á alternativa presentada polo BNG e apoiada pola maioría do Pleno, a proposta para o novo espazo para o centro de saúde terá que ser unha localización céntrica, accesible e ser consensuada na Mesa de Mobilidade, órgano conformada por grupos da Corporación, Policía Local, entidades sociais como Ambar ou Amicos, entre outras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.