Os bateeiros colapsaron Santiago para recuperar as zonas de mexilla

23 Marzo 2023

A denominada ‘guerra da mexilla’ causou un auténtico caos circulatorio en Santiago desde primeira hora, con coches que avanzan lentamente polas principais rúas, colapsando os accesos á Xunta.

Mexilloeiros pertencentes a 28 asociacións do sector convocaron esta acción reivindicativa, que inclueu retencións en rotondas e cruces das principais avenidas, así como un paro, esixido que a Administración lles devolva a xestión da mexilla, a cría do mexillón, que os enfronta aos percebeiros e percebeiras.

Afirman que non admitirán calquera outra vía de solución que non sexa recuperar todas as zonas de extracción da mexilla que viñan empregando desde o ano 2019 e rexeitan as novas áreas autorizadas pola Xunta porque non teñen cría.

Denuncian que a Consellería do Mar quitoulles por decreto as mellores zonas nas que coller a mexilla, “fundamental” para poder cultivar o mexillón nas bateas e que este, posteriormente, chegue ás fábricas e ao consumidor.

O paro, segundo sosteñen as asociacións que o impulsan, é voluntario e non haberá piquetes para impedir que traballe o que queira facelo.

A mobilización non conta co apoio das tres principais organizacións de produtores, Opmega, Amegrove e Socomgal, que censuraron que a convocatoria se fixera “vía  WhatsApp”.

Estas organizacións aseguran que “a ninguén lle escapa” que este paro prexudicará a todo o sector porque “se lles están pechando os polígonos por un episodio de toxina e necesitan sacar xa o mexillón dos polígonos que aínda teñen abertos para poder vender”.

Desde Opmega, Amegrove e Socomgal defenden a unidade do sector porque “só desta forma recuperaremos as zonas de recollida de semente que perdemos”. Subliñan que mentres a Xunta siga decretando máis aperturas, como as autorizadas hai uns días na Guarda, O Grove, A Coruña, Corme, Laxe, Sada, Caión e Mera, “que coinciden coas zonas solicitadas polo propio sector”, seguirán negociando.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.