A Aula CeMIT de Ribeira ofrecerá unha charla sobre ciberseguridade

10 Marzo 2023

A Aula CeMIT de Ribeira, emprazada na contorna de Cubeliños, vai albergar o vindeiro luns 3 de abril unha charla dedicada á ciberseguridade, ou sexa, ás metodoloxías e recursos que podemos aplicar no noso día para garantir a protección da nosa información (e da allea) e das nosas comunicacións.

A sesión, titulada O teu día a día en liña, con seguridade, desenvolverase en horario de 11.30 a 13 horas e é de carácter gratuíto. Alí ofrecerase unha visión sobre a actualidade da dixitalización, os riscos ao ter en conta na navegación pola web e medidas recomendadas para facelo de forma segura.

As inscricións pódense formalizar na web da Aula CeMIT.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.