
O obradoiro de emprego Tahume VIII está inmerso nos preparativos duns agasallos con motivo
da celebración mañá pola tarde da homenaxe ás profesionais da cociña orgamizada polo Concello polo Día Internacional da Muller.
Así, a especialidade de cociña estivo elaborando durante esta mañá unhas galletiñas con alusións á muller e ao 8-M, en tanto que o alumnado de montaxe de redes confeccionou uns agasallos que serán distrinbuídos entre os asistentes.
Hai que recordar que o acto terá lugar a partir das 18 horas no salón de plenos do consistorio e contará coa intervención de Lucía Freitas, prestixiosa chef galega dos restaurantes A Tafona e Lume cunha
estrela Michelín e dous soles Repsol, que falará da súa profesión dende unha perspectiva de xénero.
Ademais, ás 20.30 horas no Auditorio, con entrada libre ata completar aforo, interpretarase “Papagena”: unha ópera contemporánea en clave de igualdade de Iago Hermo.



