O Concello de Porto do Son deu continuidade este mes de marzo á súa fronte activa de traballos para a mellora de infraestruturas, accesos e servizos, poñendo o foco en fortalecer a seguridade de estradas, camiños e beirarrúas e tamén na accesibilidade e a comodidade dos usuarios. Desta volta, os labores centráronse nas parroquias de Xuño (acondicionando accesos xerais), San Pedro (mellorando os viarios de Carballosa), Caamaño (poñendo a punto a contorna da Capela de Pedrafurada), en Noal (optimizando camiños en Laranga, Tarela, e Agrelo) e en Queiruga (mellorando os accesos do núcleo de Tarrío).

Acondicionamento de accesos en Xuño

Acondicionamento de accesos no núcleo de Carballosa, San Pedro

Acondicionamento da contorna da Capela de Pedrafurada, en Caamaño

Acondicionamento de camiños no núcleo de Laranga e da Tarela, en Noal

Acondicionamento de camiños no núcleo de Agrelo, en Noal

Acondicionamento de accesos no núcleo de Tarrío, en Queiruga



