O proxecto Renatur-Outes colle impulso coa visita do alumnado da UDC e a celebración dun seminario (este venres)

03 Marzo 2023

Este xoves 2 de marzo o concello de Outes recibiu a visita de alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, que participará nos traballos de ordenación e integración do río Tins que desenvolve o equipo da UDC, no marco do proxecto Renatur_Outes.

Ademais este venres 3 de marzo estase a celebrar no Centro Social da Serra de Outes oseminario de inicio do dito proxecto, que nos vindeiros anos traballará para a recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes. No seminario faranse públicas as liñas mestras da iniciativa de restauración ecolóxica para a súa discusión coa veciñanza e outros axentes locais. Amais, levarase a cabo unha primeira plantación de árbores de ribeira e un pequeno roteiro de identificación de especies exóticas invasoras en colaboración cos centros de ensino locais.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmi, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto.

“Desde xeito”, explicaba no seu día o Concello de Outes, “non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto”.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.