
O venres 3 de marzo celebrarase a partir das 11:30 no Centro Social da Serra de Outes o
Seminario de Inicio do proxecto Renatur_Outes [1,2] que nos próximos anos traballará para a
recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes. No seminario
faranse públicas as liñas mestras do proxecto para a súa discusión coa veciñanza e outros
axentes locais. Tamén se avanzará cunha primeira plantación de árbores de ribeira e un
pequeno roteiro de identificación de espécies exóticas invasoras en colaboración cos centros
de ensino locais.
Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores
das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de
Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do
Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea –
NextGenerationEU.
No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas
invasoras, como as distintas especies de acácia presentes (Acacia dealbata e Acacia
melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmi, a limpeza de
residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de
voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de
Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde
xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar
un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.
Programa do seminario de inicio
No seminario do día 3 de marzo estarán presentes asociacións, colectivos e veciñanza de Outes
e a súa contorna, representantes da comunidade educativa, os reitores das tres universidades
públicas galegas así como representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto
Demográfico e autoridades locais.
Abrirase o seminario coas intervencións das autoridades, seguida dunha breve explicación de
todos os aspectos do proxecto por parte das entidades participantes. Ás 12:30 realizarase a
primeira sesión de gobernanza xunto coa cidadanía e colectivos locais, rematando a xornada
cunha pequena andaina polas marxes do río onde se realizará unha primeira plantación de
árbores de ribeira e se identificarán as especies invasoras presentes xunto co colexio e o
instituto locais.
Seminario de inicio do proxecto Renatur_Outes
3 de marzo de 2023
11:30h: Benvida e Presentación institucional
• D. Manuel González, Alcalde de Outes
• D. Ángel Miramontes, Director do CEER,
• Reitor da Universidade de A Coruña e Presidente do CEER: D. Julio Ernesto Abalde
• Reitor da Universidade de Vigo D. Manuel Reigosa
• Reitor da Universidade de Santiago de Compostela D. Antonio López
• Representantes Fundación Biodiversidad.
12:00h: Presentación do proxecto Renatur_Outes:
• Dna. María Rodríguez, Fundación CEER
• Dna. María Inmaculada Romero Buján, Universidade de Santiago de Compostela
• D. Oscar Fuertes, Universidade da Coruña
• D. Luís González, Universidade de Vigo
• D. Joám Evans Pim, Fundación Montescola.
12:30h: Sesión de gobernanza co público de Outes. Dirixida e moderada por Joám Evans Pim
(Fundación Montescola) e Alba Quintela (Tenente de Alcalde de Outes).
13:30h: Mini roteiro medioambiental polo río e intervención simbólica de eliminación de
especies exóticas e plantación de autóctonas (ameneiros, freixos), guiada pola Fundación
Montescola e expertos/as das Universidades en colaboración co colexio e instituto locais.
15:00h: Peche da xornada.