O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

17 Setembro 2026

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame, Outes, O Porto do Son, Muros e Noia.

O acto terá lugar ás 12:30 horas na praza do Tapal de Noia e contará coa participación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que acompañará as cinco persoas alcaldábeis nun acto público aberto e festivo para coñecer de primeira man as rostros do proxecto do BNG en cada recuncho da comarca.

Desde a organización comarcal destacan que as candidaturas están chamadas a representar “as ganas de transformar os nosos concellos e de demostrar que hai outra forma de gobernar, poñendo as persoas no centro das nosas políticas”, afirman. 

“Volvemos a tenderlle a man á veciñanza para compartir este primeiro paso cara ás eleccións municipais de 2027.” conclúen. O encontro do grupo nacionalista rematará cunha sesión vermú ao son do DJ Casanova.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.