O Concello de Ribeira informou da inminente apertura de prazo de reserva, preinscrición e matrícula na Escola Infantil Municipal para o curso académico 2023/2024. O prazo de renovación de praza para alumnado do centro estará aberto entre o 6 de marzo e o 14 de marzo deste ano. Polo que respecta ao prazo de solicitudes de inscrición para o novo alumnado irá dende o 15 de marzo até o 14 de abril.

Poderán consultarse as listas provisionais de admitidos o vindeiro 2 de maio. O día 19 publicaranse as listaxes definitivas.
O prazo para a confirmación de matrícula, tanto para os que fixeron renovación como para os que
fixeron nova inscrición, e que se realizará no Departamento de Servizos Sociais, será do 22 de maio ao 9 de xuño do 2023.
De quedar prazas dispoñíbeis, realizarase unha nova baremación de solicitudes na segunda quincena de xuño coas recibidas do 15 de abril ao 13 de xuño de 2023.
Quen precise información sobre a Escola, sobre os impresos para a solicitude e sobre confirmación de matrícula pode obtela a través do departamento de Servizos Sociais, sito na Praza 8 de Marzo, s/n (Edif. Mirador de Padín), teléfono 981-874131 de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30.
A recollida de impresións tamén se pode facer na OAC ou a través de www.ribeira.gal.
A entrega de documentación para a inscrición do alumnado deberá facerse no Rexistro da Casa do Concello, en horario de 9:30 a 13:30, ou vía sede electrónica.


