A Dorna celebra do 18 ó 24 de xullo a súa 75 edición

12 Febreiro 2023

Os cofrades da Dorna decidiron este sábado o programa de actividades que terán lugar entre o 18 e o 24 de xullo no que se desenvolverá o 75 aniversario. Previamente o 4 de marzo terá lugar unha nova edición da cea benéfica no que se reúne diñeiro para engrosar o fondo social que a entidade destina a causas solidarias.

Tamén o 11 de marzo será a segunda edición da Carreira de Matriarcas, unha cita que se instaurou o ano pasado co fin de conmemorar o Día Internacional da Muller. Nela, os integrantes das penas enfróntanse a probas que van desde enfiar unha agulla ata facer un peiteado cunha trenza.

As peñas están chamadas a unha reunión o próximo día 25, na que se decidirá a cor do suadoiro que lucirán este ano os dorneiros.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.