Rianxo recibe da Xunta unha axuda de máis de 546.000 euros para o Obradoiro de Emprego Paio Gómez

22 Setembro 2026

O Concello de Rianxo é beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, por importe de 546.552 euros, para o desenvolvemento dun obradoiro dual de emprego: o Obradoiro Dual de Emprego Paio Gómez Charino.

O programa laboral permitirá formar a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de pavimentos e albanelería de urbanización. A parte práctica do obradoiro levarase a cabo no centro histórico rianxeiro.

En vindeiras datas aprobaranse as bases de selección e publicaranse as diferentes convocatorias, tanto do persoal docente como do alumnado.

Temos boa parte da información publicada xa na web municipal.

O proceso de selección farase a través da Oficina de Emprego de Boiro, co cal é necesario que as persoas candidatas estean desempregadas, inscritas como demandante de emprego na oficina de emprego de Boiro e ter comunicado na Oficina de Emprego de Boiro o interese na participación en obradoiros de emprego. O alumnado recibirá formación no ámbito dos pavimentos de albanelería de urbanización.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.