Ribeira acolle este sábado unha nova concentración contra a violencia machista

02 Febreiro 2023

Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción), diante da cantidade de asasinatos machistas que están a producirse na xeografía estatal, convocou á cidadanía a un pequeno acto en recordos das vítimas. A concentración será este sábado 4 de febreiro, ás 13.00 horas, na praza do Concello de Ribeira, diante da columna das Vindas Fendidas. A intención da asociación é repetir a xuntanza todos os primeiros sábados do mes no mesmo sitio e á mesma hora, “mentres siga a haber mulleres asasinadas” e para non esquecelas, sinalan, ao temo que lanzan un chamamento á participación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.