Até sete artistas traballarán coa CEMMA en achegar material creativo e divulgativo sobre as candorcas

30 Xaneiro 2023

O mes de xaneiro vai rematar con novidades relativas ao proxecto Friendship-Orca, do que vén de abrollar a web orcaiberica.org e cuxo obxectivo é achegar cumprida información sobre as candorcas, sobre como actuar en caso de atoparnos con elas nunha travesía marítima e sobre o seu comportamento, os seus hábitos e a súa presenza nas nosas costas. O venres día 27 de xaneiro o proxecto reuniu a sete artistas no Museo de Historia Natural-MHN da Sociedade de Historia Natural-SGHN de Ferrol, coa finalidade de empaparse de datos actualizados á hora de xerar materiais divulgativos sobre os mamíferos mariños e o mar, materiais que serán publicados na dita web.

Formaron parte do equipo: Pepe Carreiro, debuxante de banda deseñada e ilustrador, creador das personaxes Os Bolechas; Emma Ríos, debuxante de proxección internacional; Manel Craneo debuxante, ilustrador e editor, creador de Carmela Orzán detective ambiental; Sara Bermúdez (Kitty Poisson), debuxante e ilustradora de xogos dixitais e de rol; Víctor Tizón, debuxante e ilustrador; Tokio, debuxante e ilustrador científico; e Aldán López actor, director de teatro e xestor cultural. Ademais contaron coa coordinación, guía e asesoramento de Mónica González bióloga da CEMMA e Xan Silvar biólogo e coordinador da SGHN de Ferrol.

O proxecto Friendship-Orca, levado a cabo pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA e o Grupo de Traballo Orca Atlántica-GTOA está financiado pola Fundación Santander.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.