Aberto o prazo para que os concellos soliciten axudas para servizos de normalización lingüística

20 Xaneiro 2023

A Deputación publicou no BOP as bases da convocatoria de subvencións dirixida aos concellos, agrupacións de municipios, mancomunidades e outras entidades locais da provincia para “a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística en 2023”. A entidade provincial, a través da área de Normalización Lingüística, que dirixe a deputada María Muíño, destina 550.000 euros, dos que cada beneficiario poderá recibir un importe máximo de 15.000.

A deputada María Muíño

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, ata o vindeiro 20 de febreiro, na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

Facendo balance da anterior convocatoria, fontes da Deputación fixeron saber que en 2022, 34 concellos de toda a provincia contaron con persoal técnico especializado para a promoción do galego a través desta liña de axudas, para a que a Deputación reservou unha achega de de 489.737,14 euros.

“A través desta convocatoria queremos contribuír á profesionalizar e apoiar o traballo que desenvolven os servizos de normalización lingüística dos concellos, as institucións que están máis cerca da veciñanza, que é fundamental para avanzar no uso da nosa lingua”, sinalou María Muíño.

Entre as funcións xerais e de dinamización dos servizos están asesorar a administración en materia de política lingüística, velar polo cumprimento da lexislación, fomentar o uso do galego na sociedade; planificar, xestionar, executar e avaliar accións favor da lingua, propoñer programas dinamizadores ou coordinar redes de traballo para o fomento da nosa lingua.

As bases pódense consultar e descargar online.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.