Fabiola García visita as aulas do maior de Aguiño, das que xa se benefician 70 maiores

16 Xaneiro 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, estivo este luns 16 de xaneiro na nosa comarca con motivo de comprobar o funcionamento das aulas do maior de Aguiño, iniciativa financiada polo seu departamento a través dun acordo de colaboración co Concello de Ribeira que mobilizou 60.500 euros. As aulas, activas dende hai tres meses, dan servizo xa a preto de 70 persoas. Organízanse obradoiros de novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), talleres de exercicio físico e actividades de alfabetización, entre outras accións. “Trátase dun conxunto de actividades que permiten favorecer un envellecemento activo e unha aprendizaxe continua”, sinalou a ribeirense Fabiola García.

Amais, salientou que as aulas levan en funcionamento tres meses e que, neste tempo, “demostraron ser un servizo necesario que repercute nunha mellor calidade de vida das persoas maiores”.

Por outra banda, a conselleira de Política Social e Xuventude anunciou que a Xunta de Galicia incrementará as horas do Servizo de Axuda no Fogar á disposición do Concello de Ribeira e “coa finalidade de continuar ampliando a atención a domicilio dos veciños de máis idade”.

Ademais, informou que están a piques de rematar as obras de demolición da antiga discoteca Hesta Kurba, onde se emprazará a nova residencia pública autonómica de maiores do Barbanza, que será, engadiu, “o primeiro centro no que se aplicarán as innovacións do novo modelo residencial”. Segundo detallou, nas vindeiras semanas procederase á publicación da licitación da redacción do proxecto básico de execución para a construción desta residencia que conta con 10 millóns de euros de orzamento e 100 prazas que se distribuirán en módulos de convivencia de 25 residentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.