O Pleno de Ribeira aproba por unanimidade o seu Plan de Acción da Axenda Urbana para un municipio máis eficiente, sostible e humano

29 Decembro 2022

O Concello de Ribeira aprobou en pleno extraordinario o Plan de Acción da Axenda Urbana por unanimidade. Este Plan de Acción é o produto dun proxecto levado a cabo durante o último ano, no que participou tanto o Concello como a cidadanía local para construír unha Ribeira máis eficiente, sostible e humana.

Un proxecto para mellorar o futuro de Ribeira
As actuacións prioritarias identificadas durante o proceso enmárcanse en catro eixos estratéxicos, que coinciden coa visión local do futuro do municipio: Ribeira intelixente, Ribeira eficiente, Ribeira turística e Ribeira humana.
A Ribeira intelixente busca mellorar a administración electrónica e facilitar así os trámites en liña, ademais da creación dun laboratorio cidadán de ideas para impulsar a participación continua da poboación ribeirense nos avances do municipio. Pola súa banda, a Ribeira eficiente inclúe proxectos como a mellora da mobilidade en bicicleta ou os plans de transición enerxética.
A Ribeira turística céntrase na posta en valor do patrimonio cultural e a creación de novas áreas verdes, ademais do desenvolvemento dun plan de sustentabilidade turística. Por último, a Ribeira humana expón un programa de integración social para colectivos vulnerables e accións para mellorar a planificación urbanística local.
Identifícase ademais a necesidade de crear un Plan de Adolescencia e Mocidade para a cidadanía máis nova de Ribeira.
A totalidade do proxecto de Axenda Urbana, incluíndo as fases realizadas e os resultados obtidos, pode consultarse na web agendaurbana.ribeira.gal.
Un Plan de Acción cocreado por Ribeira
Esta participación da cidadanía é un dos eixos principais do proxecto de Axenda Urbana, e concretouse mediante varias ferramentas para canalizar esta retroalimentación constante co Concello.
Un primeiro paso nesta dirección foi a consulta cidadá realizada en maio de 2022 para identificar os retos e contrastalos cos que propoñía o Concello.Ademais, realizouse a presentación dun primeiro borrador deste Plan de Acción o pasado 30 de novembro mediante varias sesións organizadas no Concello e en varios colexios do municipio. Estas sesións serviron ademais para facilitar que as persoas asistentes puidesen seguir achegando as súas opinións para construír a Ribeira que visualizan para os próximos anos. Finalmente, o Concello puxo ao dispor da cidadanía un formulario en liña para que poder realizar achegas adicionais, que estivo activo ata o 13 de decembro.
Este borrador contiña un total de 60 proxectos, 10 dos cales foran identificados como estratéxicos.
Durante esta fase de participación recibíronse un total de 436 respostas e 188 propostas de actuación. A partir da análise destas propostas, incorporáronse algunhas modificacións ao Plan de Acción provisional, a maioría delas matizando ou ampliando o sentido dalgunhas accións xa recollidas. Cabe destacar a consideración de Proxecto Estratéxico da creación dun Plan de Adolescencia e Mocidade, elevado a estratéxico tras as solicitudes cidadás.
Ribeira continua así apostando por deseñar o seu futuro baseado na construción dun municipio máis humano, sostible e intelixente; en liña cos principios propostos pola Axenda Urbana Española.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.