En Ribeira o carril bici do porto e das Carolinas será renovado e diferenciado do espazo peonil

27 Decembro 2022

O Concello de Ribeira, coa finalidade de mellorar a accesibilidade no paseo do Malecón e das Carolinas, vai proceder á renovación do pavimento do carril bici. Farao mediante un tratamento a base de morteiro de slurry en cor verde “Desta maneira”, explican dende o Executivo local, “o espazo reservado ao tránsito de bicicletas estará perfectamente diferenciado das zonas de uso peonil, como establecen as recomendacións existentes en materia de accesibilidade (e como viñan demandando tamén algúns usuarios), xa que contará cun pavimento distinto tanto en cor como en textura superficial”.

Ademais, este pavimento será anti-deslizante e facilmente identificábel, e “estas características contribuirán a mellorar a seguridade viaria na zona”, engadiron fontes do Concello.

A actuación, que abrangue unha superficie de 3.013 metros cadrados, foi adxudicada á empresa Rinol Rocland Suesco, SL, e comporta un investimento de 46.738,26 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.