A influencer Eva Porto e a Deputación da Coruña lanzan un proxecto formativo para atoparmos emprego nun mes

26 Decembro 2022

A psicóloga especialistas en recursos humanos Eva Porto, referente da dita materia nas redes sociais (onde conta con máis de 1,5 millóns de seareiros), vai liderar a vertente formativa dun programa co-impulsado pola Deputación da Coruña no que se convida ás persoas participantes a adestrarse laboral e profesionalmente durante un mes baixo o reto de atopar un posto de traballo en xaneiro. Trátase do proxecto Reto Empleo 30 días e vén da man da influencer Eva Porto. Nas edicións de 2022 da iniciativa participaron máis de 30.000 persoas

A Deputación da Coruña colabora co proxecto a través Plan de Emprego Local (PEL). Ten por obxectivo concreto “acadar que as persoas participantes consigan un emprego no tempo récord de 30 días a través da realización dunha serie de retos diarios”.

Durante os primeiros 30 días de xaneiro as persoas participantes recibirán no seu enderezo electrónico pequenos desafíos que lles servirán de guías para o seu proceso de procura de emprego. Neles afondarase en todos os aspectos esenciais para ter éxito na súa busca: currículo, entrevistas de traballo, rede social LinkedIn, portais de emprego, etc. Ademais contarase coa participación de empresas como Endesa, Michael Page, Accenture, JD Sport, Sprinter, Minsaint, entre outras, que irán publicando as súas vacantes a través dos distintos retos.

Na edición de 2023 do Reto Empleo 30 días tamén participarán outros influencers como María Speaks English, que impartirá un reto sobre entrevistas en inglés; Lawtips, que explicará o uso das redes sociais a nivel profesional; ou Un Tío Legal, que explicará os dereitos dos traballadores.

As inscricións son gratuítas e deben realizarse a través da páxina web de Eva Porto.

O Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña continúa a apoiar as iniciativas de fomento do emprego e mellora da empregabilidade como medio para acadar unha maior cohesión social e de potenciar o desenvolvemento socioeconómico do territorio.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.