Servizos Sociais de Ribeira colabora coas organizacións benéficas locais repartindo produtos polas parroquias

22 Decembro 2022

As organizacións humanitarias de diferentes parroquias do concello de Ribeira recibiron ó longo desta semana varios lotes de produtos de primeira necesidade para repartir entre os usuarios.

O departamento de Servizos Sociais, coa colaboración da súa edil Ana Barreiro, foi o encargado de proporcionar o avituallamento ás entidades (como por exemplo as delegacións de Cáritas de Palmeira, Carreira ou Aguiño) co obxectivo de que, durante estas festas de Nadal, non falte a comida na mesa de ningunha familia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.