O PBBI pide que se melloren as filtracións do Centro de Saúde de Palmeira e Corrubedo

14 Decembro 2022

Segundo informa o PBBI traballadores e usuarios do centro de saúde de Palmeira manifestan a súa intranquilidade ante as filtracións e deficiencias estruturais do devandito edificio público.
Segundo a formación política teñen constancia de que a situación é precaria e inestable no centro de saúde de Palmeira e tamén no de Corrubedo, que segundo esta formación se atopan esquecidos como o amosan, din, as continuas manifestacións da cidadanía para lograr ter un profesional sanitario a tempo completo en cada unha das parroquias.

Como se pode apreciar nas imaxes proporcionadas, o edificio ten gretas, humidades, mofo e filtracións . Unha situación perigosa e daniña para a saúde de todos os veciños de Palmeira que visitan ese ambulatorio a diario.
Isto, din, sumanse ás filtracións e pingueiras dentro das consultas, onde se recorren a caldeiros para
recoller a auga, forma o caldo de cultivo perfecto para que unha persoa sa se vaia do ambulatorio lesionada por unha caída ou mesmo con outros problemas de maior calado como os mencionados anteriormente.

En virtude dilo o grupo municipal do Partido Barbanza Independente (PBBI) insta o pleno da corporación municipal de Ribeira á adopción dos seguintes acordos: que acabe coas filtracións e pingueiras que existen no centro de saúde de Palmeira e que dificultan o traballo dos profesionais sanitarios, ademais de ser un perigo para os usuarios.
Que o Concello realice traballos de acondicionamento e renovación do exterior do ambulatorio de Palmeira, xa que debido ás humidades a pintura está escarchada e deteriorada e que se renoven os materiais danados polas filtracións para mellorar a estética e salubridade do edificio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.