PuntoGal celebra o Nadal coa súa última promoción para 2022

09 Decembro 2022

A Asociación PuntoGal está a celebrar a chegada do Nadal, na compaña do Apalpador, cunha importante promoción destinada a facilitarnos a obtención dun dominio galego. De feito, a promoción consiste “nunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios”, sinalan dende a asociación. En concreto, a través desta campaña nos rexistradores sumados a esta promoción poderemos o obter o noso .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Estes prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 12 e ata o 29 de decembro.

Dende PuntoGal explican que “para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que trae o Apalpador”, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Arsys, Dinahosting, INWX, CDMon, Openprovider, Radia e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recoméndanos visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás nosas necesidades.

Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal.

“Dende PuntoGal, que xa superamos os 6.700 dominios rexistrados, seguimos a traballar para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na Rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo”, explican dende a asociación, engadindo que esta campaña centrada na figura do Apalpador foi redeseñada por Xoana Pousa, creadora multidisciplinar coruñesa formada en Belas Artes, coñecida tamén como Cuchiflainas polo seu proxecto de roupa, accesorios e ilustración.

Máis actividades recentes

O dominio continúa co seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as últimas actividades realizadas figura o patrocinio dos VII Premios Paraugas, que recoñecen as mellores estratexias de creatividade, deseño, edición, industria gráfica, mercadotecnia e comunicación, ou os VI Premios Spin-Off PuntoGal, que distinguen a transferencia de coñecemento entre a universidade pública e a empresa e alentan o emprendemento que xorde desde os grupos de investigación.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.