O Concello de Ribeira homenaxea este sábado a primeira Corporación da democracia

01 Decembro 2022

O Concello de Ribeira render tributo no mediodía deste sábado, 3 de decembro, aos membros da primeira Corporación municipal da democracia moderna. A acción, que dá cumprimento a un acordo plenario, comezará ás doce do día na explanada do porto coa apertura dunha exposición ao aire libre formada por 15 paneis nos que se recrea a base de textos, fotografías, recortes de prensa e documentos do Arquivo Histórico Municipal aquela etapa, que tivo a Lisardo Valeiras Bravo como alcalde e que incluíu a un total de 27 membros (26 homes e unha muller) en representación de cinco partidos: Coalición Democrática (CD), Unión de Centro Democrático (UCD), Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), Agrupación de Electores Progresistas (PROA) e Bloque Nacional Popular Galego (BNPG).

Acto seguido, a homenaxe continuará no Auditorio Municipal. Alí terá lugar a entrega de insignias e metopas aos homenaxeados, previo exposición dun breve resumo da súa traxectoria por parte do xornalista e historiador ribeirense Xosé María Fernández Pazos. Pechará o acto o actual alcalde, Manuel Ruiz.

Este último evento é aberto á cidadanía (acceso pola rúa Portugal a partir das doce horas ata completar o aforo dispoñíbel).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.