A AEP (Portosín) pon en marcha este xoves a súa campaña de Nadal

30 Novembro 2022

A Asociación de Empresarios de Portosín pon en marcha este xoves 1 de decembro a súa campaña de Nadal, co obxectivo de impulsar a actividade comercial na vila durante as vindeiras datas ao tempo que se premia o compromiso da veciñanza co sector local, con todas as vantaxes que isto pon en xogo (xérase riqueza no concello, garántense postos de traballo, foméntase o comercio sustentábel e de calidade e evítanse desprazamentos, entre outros beneficios). Na campaña cada cliente que faga unha compra nos locais asociados entrarán nun gran sorteo de 500 euros.

Ata o 6 de xaneiro poderemos participar na campaña e, ademais, o día 7 celebrarase o sorteo do premio de 500 € na Casa da Cultura de Portosín ás 16:30 h. aberto a toda aquela persoa que queira asistir. Un dos lemas da campaña é Mercando no teu pobo gañamos todos.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...