O Concello de Boiro a Banco Mediolanum suman forzas en beneficio da Fundación Andrea este Nadal

28 Novembro 2022

O Concello de Boiro colabora con Banco Mediolanum na organización dunha xornada de xogos solidarios para recadar fondos en beneficio da Fundación Andrea. Na presentación da actividade, celebrada este luns 28 de novembro, participaron o alcalde, José Ramón Romero, a directora da Fundación Andrea, Amaya Castro, e o representante de Bando Mediolanum, Rubén Couñago.

O evento será o domingo 11 de decembro, a partir das 17.30 horas no Pavillón da Cachada. Durante dúas horas haberá inchábeis para nenos e nenas, obradoiros de maquillaxe, sesións de DJ e fotomatón, caixas de correo de Papá Noel, sorteos e máis sorpresas. “O Nadal é un momento para compartir cos demais e Boiro é un pobo moi solidario, así o demostra sempre que ten oportunidade, polo que estamos moi contentos de poder participan dende o Concello nunha iniciativa como esta”, comentou o alcalde.

O obxectivo desta xornada é ofrecer unha alternativa lúdica para os nenos e as nenas durante o nadal e recadar fondos en beneficio da asociación. “Todo o recadado entre 2.000 e 5.000 euros será duplicado por Mediolanum co obxectivo de facer unha gran contribución en beneficio da Fundación Andrea”, afirmou Rubén Couñago.

A Fundación Andrea ten como finalidade básica a atención e o apoio económico, moral, informativo e de calquera outra natureza ás familias non fillos con doenzas de longa duración, crónicas ou terminais. Algúns dos programas que leva a cabo a fundación son o financiamento de aloxamento, tratamentos médicos ou de outras necesidades básicas, medios formativos e informativos, etc. “Esta iniciativa solidaria é unha gran axuda que vai favorecer a todas as familias da Fundación”, afirmou Amaya Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.