Rematan en Ribeira os obradoiros sobre acoso escolar con dúas sesións no Leliadoura e no Galaxia

22 Novembro 2022

Os obradoiros formativos sobre acoso escolar promovidos polo Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) e a Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade do Concello a través do CIM rematan este martes 21 de novembro cos últimos dous encontros en centros educativos locais: o IES Leliadoura (12.50 horas) e o Colexio Galaxia (16.15 horas).

En total, o Concello de Ribeira confirmou que serán máis de 200 os alumnos dos centros de Secundaria, Bacharelato e FP do termo municipal que participan nesta iniciativa que, baixo o título Dereito a saber: obradoiro sobre diversidade, busca ofrecer ferramentas para combater os casos de acoso escolar derivados de calquera tipo de discriminación e sinaladamente por razóns de orientación sexual.

As charlas están sendo impartidas por expertos pertencentes á Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual da Coruña (ALAS), que xa pasaron polas aulas dos colexios Sagrado Corazón de Castiñeiras, Bayón e A Milagrosa de Oleiros; ademais do IE Número 1 e o CIFP Coroso. Ademais, o pasado 26 de outubro celebrouse neste último centro docente outro obradoiro destinado ao profesorado con preto de 30 mestres e mestras do municipio que recibiron formación específica sobre diversidade sexual e prevención de acoso LGTBIfóbico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...