O Liceo Marítimo de Ribeira crea “espazo Cultural” un proxecto multidisciplinar e transversal

12 Outubro 2022

Co propósito de contribuír á dinamización cultural, así como de abrir un novo cauce dentro das actividades da propia Sociedade, o Liceo Marítimo de Ribeira pon en marcha o proxecto “Espazo Cultural”.

Trátase dun proxecto de carácter multidisciplinar, transversal e polivalente no que caiban as artes, a formación, o ensaio, a divulgación, o debate, a creación, a expresión, exposicións, intercambios, etc. e, en xeral, calesquera actividades relacionadas cos distintos ámbitos da cultura.

Concíbese cunha vocación participativa e orientada, sempre dentro das posibilidades da entidade social, á comunidade na que se desenvolve a súa actividade xenérica (soci@s, Ribeira, Barbanza, Galiza), tanto na súa inspiración como na súa proxección.

A posta en marcha do “Espazo Cultural Liceo Marítimo” será en tres fases:

1 a.- Fase de creación, idea, proxecto e preparación: A partir da presente comunicación pública ata a aprobación pola Asamblea Xeral da Sociedade.

2a.- Fase piloto: Periodo de definición, desde a aprobación da Asamblea Xeral da Sociedade, coa duración que a mesma determine.

3a.- Fase de Consolidación: A partir do cumprimento do periodo da fase piloto, se procede, cunha vocación continua e cos prazos que a Asamblea determine.

Están previstas xa dúas actividades para o ano en curso: unha colaborativa de creación artística da que se dará conta en breve, e un debate literario conxuntamente coa presentación da última novela de Antonio Piñeiro, “Os acios tardegos”, programado para o venres 21 de outubro, as 20,30 hs. no salón principal da Sociedade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.