Sacrificados en Galicia cinco exemplares de mascato con síntomas de gripe aviaria

07 Setembro 2022

Antón Luaces.– Após o abrocho de gripe aviaria localizado a principios de ano en Lleida, que fixera saltar todas as alarmas e adoptar as medidas que evitaran a propagación do virus, cinco exemplares de mascato (alcatraz común ou atlántico) foron recollidos en Ares, Doniños (Ferrol), Riazor (A Coruña), O Barqueiro (Mañón) e Meira (Moaña). Nos catro primeiros casos, as aves foron trasladadas aos centros de recuperación de fauna silvestre de Oleiros (A Coruña), e a ave localizada en Moaña, derivada ao centro de Carballedo (Pontevedra). As cinco aves foron sacrificadas, debido a que se detectaron outros tantos casos de influenza aviaria de alta patoxenicidade en aves silvestres (IAAP), diagnóstico confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid). Estes cinco casos súmanse aos dous detectados anteriormente en Galicia.

Un mascato (alcatraz) en pleno nunha imaxe de Andres Trepte na Galipedia

O mascato é unha ave mariña que nidifica no Atlántico norte formando colonias de varios milleiros de parellas. De aquí migran moitos exemplares mozos que se dirixen cara ao sur e acadan augas subtropicais e tropicais do oeste de África.

Estas aves están a atravesar actualmente as costas da península Ibérica xa que é o comezo do seu paso migratorio post-nupcial (para invernar) cara a Mauritania e o Golfo de Guinea. Nas súas zonas habituais de residencia no Atlántico norte, as autoridades sanitarias notifican numerosos casos dese tipo de influenza aviaria IAAP) nesta especie, posible orixe  dos casos detectados agora na Comunidade galega relacionados coa migración  anual destas aves cara ao sur.

Aínda que os exemplares  da especie afectada son de hábitos exclusivamente mariños e non se achegan en condicións normais ás costas, a Consellería do Medio Rural lembra a necesidade de reforzar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, comerciais ou particulares, especialmente aquelas destinadas  a evitar o contacto con aves silvestres, notificando a sospeita aos servizos veterinarios oficiais da devandita Consellería ou á de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.