As Escolas Deportivas de Ribeira incluirán 12 propostas no curso 2022-2023

06 Setembro 2022

As Escolas Deportivas Municipais de Inverno para nenos e nenas que oferta o Concello de Ribeira o curso 2022-2023 incluirá un total de 12 modalidades. Do 13 ao 16 de setembro estará aberto o prazo de
renovación de matrículas, en tanto que do 19 ao 23 abrirá a inscrición de novas matrículas.
As 12 escolas son: atletismo, baloncesto, ciclismo, kempo, nada e corre, multideporte/psicomotricidade, pádel, patinaxe, tenis, voleibol, ximnasia acrobática e ximnasia rítmica.
O inicio das clases está previsto para o 17 de outubro.
As solicitudes poderán ser realizadas de forma presencial na Oficina de Atención Cidadaá do Concello ou telemática a través da sede electrónica.
Adultos
Ademais, prevense dúas escolas deportivas para adultos: tenis (no polideportivo de Artes) e pádel (no Centro de Raqueta de Coroso).
Neste caso, as renovacións de matrícula terán lugar a partir do 13 de setembro, mentres que as novas matrículas poderán ser formalizadas dende o 3 de outubro, día no que está programado ademais o inicio
das clases.
Pódese obter máis información tanto das escolas para nenos como para adultos na páxina web do Concello (www.ribeira.gal), dirixindo un correo electrónico a deportes@ribeira.gal , na Oficina de Deportes
da Fieiteira ou no teléfono 981 873 646 (en horario de 9 a 13.30 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.