A saga de Super Pataca chega á Biblioteca de Boiro

05 Novembro 2019

Coincidindo coa ponte do 1 de novembro e os días de lecer xerados pola festividade, a Biblioteca Municipal de Boiro incorporou novos volumes aos seus fondos poñendo o foco na rapazada. Trátase dunha máis que destacada escolma de libros infantís entre os que se atopa a colección enteira dunha das sagas máis seguidas polas nosas nenas e nenos: a saga de Super Pataca, o particular superheroe saído da imaxinación de Artur Laperla, e creado (na ficción) ironicamente polo seu contrincante principal, o doutor Malévolo, responsábel dunha máquina que é de converter en tubérculos todo canto se pon seu alcance, mesmo ao protagonista orixinariamente humano da saga.

As aventuras de Super Pataca chegan á Bibioteca de Boiro coa cifra nada desprezábel de sete aventuras, todas elas editadas por Mamut e todas dispoñíbeis en galego. A escolma de novidades complétase con (entre outras contribucións) A despensa máxica de Begoña Oro, La isla de Abel de William Steig ou Os gritos das Illas Lobeiras, dun dos nosos grandes autores da literatura infantil e xuvenil: Antón Cortizas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...