En Ribeira por segunda vez detida unha muller como presunta autora dun incendio provocado cun chisqueiro

12 Agosto 2022

A Policía Autonómica detivo este venres á presunta autora dun incendio provocado cun chisqueiro o pasado 24 de xullo, na parroquia de Oleiros, no municipio coruñés de Ribeira. Destacan ademáis que esta é a segunda vez que se tramitan dilixencias contra ela por este motivo.
A muller foi detida como presunta causante dun incendio intencionado que afectou a unha superficie de 0,01 hectáreas de monte raso, provocado cun chisqueiro á beira da estrada e fronte a unha gasolineira.
Según informou a Policía Autonómica, é a segunda vez que se tramitan dilixencias contra esta muller como presunta autora de incendios forestais na zona. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións da Garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.