Xoves con nubes e claros sen cambios na temperatura
03 Agosto 2022
Non se agardan cambios significativos na situación meteorolóxica, polo que de novo comezaremos a xornada con nubes baixas e néboas, con progresiva apertura de claros co avance do día. Pola tarde, persistirán as nubes baixas no norte de Lugo, con precipitacións, e medrarán nubes de evolución na montaña de Lugo e Ourense, con posibilidade dalgún chuvasco illado. O vento soprará do nordés, con intervalos fortes no litoral. As temperaturas non terán cambios significativos.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 18° 32°
Temperatura da auga (°C)
15°
Índice ultravioleta máx.
8
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.
As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este sábado 17, unha xornada de transición meteorolóxica, caracterizada polo protagonismo do vento do nordés e unha caída acusada dos termómetros nas horas centrais do día. Mentres o interior de Galicia —especialmente as...
Este venres 16, Santa Margarida, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando...
A xornada deste xoves 15, Santa Tereixa, comezará con bancos de néboa e brétemas costeiras que darán paso a ceos despexados, con ventos do norte-noroeste e un lixeiro descenso nas temperaturas máximas. A influencia das altas presións continuará marcando a estabilidade...
A comunidade galega quedará este mércores 14, San Calixto e San Evaristo, baixo a influencia das altas presións e a entrada dunha masa de aire cálido, configurando un escenario xeral de estabilidade meteorolóxica en todo o territorio. O día comezará con bancos de...
La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...
Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...