Orquestras, concertos e música urbana amenizan as Festas de Verán de Ribeira que empezan este mércores

03 Agosto 2022

Despois de dous anos de pandemia Ribeira recupera as súas festas de verán: unha celebración que terá lugar do 3 ao 7 de agosto que foi presentada este mediodía polo presidente e o vicepresidente da comisión organizadora, José Andrés Alonso e Jesús Paz, e pola concelleira de Cultura María Sampedro.
A edil municipal manifestou que o cartel pretende satisfacer todos os gustos e idades cun montón de actividades variadas. Agradeceu o gran esforzo que de forma desinteresada fan José Andrés Alonso e
Jesús Paz para que estas festas sexan de novo un referente estival.
Entre outros eventos, destacou que o pregón correrá a cargo do xornalista Antonio Rodríguez Naranjo, presente en distintas cadea de televisión e radio e conta con residencia en Aguiño. Tamén no
primeiro día terá lugar unha homenaxe a Manuel Ayaso.
Sampedro Fernández incidiu en que se quixo apostar por orquestras con integrantes de Ribeira, como Platinum ou Principal, ademais de grandes nomes do sector como El Combo Dominicano e París de Noia.
Outro espectáculo que se espera goce de gran aceptación entre a xuventude é un festival de DJs con Alex Martini, Tall Boys, Dumore ou Enter. Será na praza de España, mesmo espazo no que terán lugar
concertos tributo de AC DC e The Rolling Stones, así como a actuación de Xisco Feijoo, artista emerxente no panorama galego.

Actividades infantís, unha exposición no Lustres Rivas do pintor local Antonio Pérez, unha mostra de música tradicional ou a misa do Carme na nova lonxa proseguida de procesión son outras propostas
planteadas para estes cinco días, antes de finalizar cun espectáculo de fogos de artificio.
Dende a comisión de festas, Jesús Paz tomou a palabra para agradecer a veciños, empresas, institucións e entidades que quixeron achegar a súa axuda a súa colaboración e enfatizou a importancia de preservar as tradicións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.