O local da Comunidade de Montes de Baroña acolle unha mostra-homenaxe ao naturalista Agustín Pérez Souto

21 Xullo 2022

A casa forestal da Comunidade de Montes de Baroña acolle dende a semana pasada até este 25 de xullo a mostra fotográfica O lobo e os seus veciños, unha exposición que recolle o traballo do naturalista Agustín Pérez Souto, amais de renderlle tributo pola súa entrega e compromiso a prol da conservación do lobo e a vida salvaxe dos nosos montes.

A exposición, que é de balde e pode visitarse polas tardes en horario de 17.00 a 20.00 horas,complétase este 23 de xullo, sábado, cunha andaina polo monte para identificar rastros de lobos así como comprobar as medidas preventivas contra ataques que puxo en marcha a Comunidade de Montes de Baroña. O punto de encontro será o local dos comuneiros (número 20 de Campanario) ás 9.00 horas. A andaina está previsto que remate no monte Enxa, onde foi elaborado un gravado nunha laxa en en recordo de Agustín Pérez Souto.

O homenaxeado

Agustín Pérez Souto, falecido hai un ano, foi un dos principais valedores do lobo na xeografía galega e estatal. A longo das súas case tres décadas de activismo e divulgación arredor desta especie, estableceu fortes vencellos coas comunidades de montes da nosa comarca, incluída a de Baroña, que lle rende homenaxe estes días coincidindo co cabodano da súa morte. Tiña residencia en Santiago, aínda que viaxaba de continuo ao Barbanza para seguir as pegadas dos animais que estudaba e defendía. Coas súas conferencias, clases maxistrais e actividades de divulgación avogaba por unha convivencia harmónica cos lobos. Formou parte do Grupo Lobo entre 2016 e 2018 e logo formou a súa propia iniciativa de conservación, Signatus.

Outros artigos

En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4

Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas...

+

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....