
Este domingo 10 de xullo celebrarase a octava edición da Carreira pola Diversidade que
organiza a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. A carreira, dará comezo
ás 10:00h con saída na explanada de Coroso, Ribeira.
As categorías nas que correrán as persoas participantes son: Absoluta, Zapatilla Inclusiva,
Cadeira Deportiva e Hand Bike.
Nesta edición contamos coa presenza de Alvaro Illobre. Jose M. Barroso e Jose M. De la Iglesia
na categoría de cadeira de atletismo. Tamén estarán clubes como Escuela de Boxeo El
Canario, Club de Atletismo Barbamtia Roda, Club Natacion Ribeira ou Flow Pilates & training.
Cronograma do evento
9:00 H Dorsais e quecemento
10:00 Inicio da Carreira
11:00 Probas infantís
12:00 Entrega de premios
Paralelamente celebrarase a modalidade de Andaina.


