“A pesca é un elemento esencial e estratéxico para a UE”

20 Xuño 2022

Cada vez son máis as voces que, no sector marítimo-pesqueiro, demandan do Goberno central e da Unión Europea un maior coidado coas decisións que se adopten en relación á instalación no mar de parques eólicos. Estes son cada vez máis obxecto das críticas de cantos viven da pesca, conscientes como son de que se as eólicas son necesarias para a socioeconomía, non menos necesaria resulta para o mundo a pesca, que resulta “esencial e estratéxica para a UE” e que os pescadores “deben ser considerados e recoñecidos como custodios do mar”, dixo o máximo representante comunitario da pesca. A implantación da eólica mariña está cada día máis preto de nos, pero a xente de mar non a recibe como unha liberación nen sequera para reducir os prezos dos carburantes; máis ben é outro motivo máis na preocupación de cada día. Tan é así, que demanda que, de financiar a UE a instalación de parques eólicos no mar, se considere o posible impacto negativo desta instalación no sector pesqueiro.

Estamos a tapar o burato económico na sociedade, abrindo outro no sector pesqueiro ao reproducir males que van causar problemas que se poderían obviar simplemente elixindo axeitadamente os lugares de instalación dos muiños mariños de vento?.

De ser así, Galicia e a pesca galega teñen moito que perder cos parques éolicos mariños Ártabro, Ortegal e A Mariña, territorios que acubillan actualmente á maior parte da frota pesqueira (uns 4.000 barcos), que máis favorece o emprego (que os postos que a éolica pode xerar en  terra non poderá asumir), que máis poboación fixa na contorna noroeste peninsular  e que o Ministerio da Transición Ecolóxica  deberá consultar moi a fondo co de Agricultura, Pesca e Alimentación antes de que se dea un paso en falso que resulte verdadeiramente calamitoso para un dos máis potentes sectores da economía desta Comunidade Autónoma.

A Xunta de Galicia xógase o ser ou non ser de sí mesma. Pero o Goberno central tamén, como ben dí o eurocomisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, quen deixou nidiamente claro que é a Administración central española quen debe responder diante dos pescadores polas plataformas eólicas mariñas que se pretenden instalar nas provincias da Coruña e Lugo. Porque, como xa queda dito, fronte do Golfo Ártabro pretenden construir parques eólicos mariños contando coa aquiescencia do Goberno e a oposición dos pescadores, que non queren eses parques mariños que lles impiden pescar porque acoutan augas reguladas pero aínda libres. Porque eses parqie eólicos teñen consecuencias directas e nefastas  na pesca, segundo o Consello Consultivo (CC) Sur. Nunca a enerxía eólica mariña -por moi renovable que sexa-  vai poder substituir á pesca. E sendo ambas as dúas “importantes e necesarias para economía europea, non se pode confrontar a situación medioambiental coa socioeconómica. Implica demasiadas perdas e estas poden chegar a ser irreparables.

Neste senso, os experimentos con gaseosa.

Outros artigos

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

+

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

+

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

James Botkin, coautor de “Aprender, horizonte sin límites” (Informe al Club de Roma,1979) contrapone el "aprendizaje de mantenimiento" que enseña a los escolares aenfrentarse a situaciones conocidas, al "aprendizaje innovador", que transmiteconocimientos y...