A Deputación publicou as bases do V Premio á Mellor Iniciativa Empresarial

16 Xuño 2022

A Deputación da Coruña vén de publicar as bases e a convocatoria da quinta edición do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL). O seu obxectivo é “recoñecer e promocionar o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, asociacións e clústers empresariais da provincia da Coruña, así como contribuír ao crecemento e desenvolvemento das mesmas”.

As entidades gañadoras de cada categoría recibirán un premio de 20.000 euros, mentres que os segundos clasificados de cada categoría optarán a accésits por importe de 5.000 euros. As categorías convocadas son as seguintes:

1ª Categoría. Premio á mellor iniciativa empresarial nova. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial ininterrompida nas anualidades 2021 ou 2022 e se constituísen ou desen de alta no RETA neses anos e sempre con anterioridade á data de publicación da convocatoria no BOP.

2ª Categoría. Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que comezasen a súa actividade empresarial ininterrompida durante a anualidade 2017 ou con anterioridade e se constituísen ou desen de alta no RETA no mesmo período.

3ª Categoría. Premio á mellor asociación empresarial. Para asociacións, clústers, agrupacións e federacións de empresarios/as da provincia da Coruña.

A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación especificada nas bases, a través da plataforma Subtel, na convocatoria PEL-EPR PREMIO 2022.

O prazo de presentación de candidaturas ficará aberto ata o 28 de xuño de 2022 ás 14.00 horas.

Podemos consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP na páxina web do Premio provincial á mellor iniciativa empresarial.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.