Novo número da edición impresa de Código Cero, a nosa revista de Ciencia e Tecnoloxía

26 Abril 2022

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, a número 225, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Día das Rapazas nas TIC. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Entrevistamos a Juan Naya, formador de Vitae Consultores
– FIREPOCTEC impulsa respostas innovadoras contra os desafíos do cambio climático
– Sherpa do Mar remata a súa andaina lanzando ao mercado unha ducia de revolucionarias startups
– O CITIC reuniu a investigadores europeos para solucionar retos financeiros
– Os enxeñeiros en Informática da nosa terra celebran o Día da Internet co foco posto nos maiores
– GAIN lanzas a axudas á innovación de InnovaPEME e DeseñaPEME
– AMTEGA lanza varias medidas de choque para garantir o acceso universal á eAdministración
– AMTEGA e RETEGAL mellorarán a cobertura de telefonía móbil en 290 núcleos
– O CPEIG impulsa o museo virtual da informática
– A Deputación de Ourense e a UVigo cooperan para crear un laboratorio na ESEI
– A Rede é un fervedoiro de iniciativas contra as desigualdades e os machismos tecnolóxicos
– Balidea comparte con nós os seus principais fitos logo de vinte anos de andaina
– O Congreso esLibre desembarca en Vigo e a Maker Faire Galicia faino en Compostela
– Comezan as actividades (presenciais e online) para celebrar o Día das Letras Galegas
– O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo achegou o ano pasado 190 produtos dixitais
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.