“Tía Manuela: A Taxista que os levaba”. Luís Celeiro

27 Abril 2022

Era discreta, silenciosa e traballadora. Coidaba da casa, das fillas, da nai e dos sogros; despois dos xenros, netos e netas. O seu cónxuxe andaba no mar e cando viña á terra volvía ao mar, onde traballaba de noite e de día, como traballaban e traballan os mariñeiros pescadores, eses que apartan á morte a patadas ou con suspiros que cruzan o océano e que se escoitan de noite e de madrugada en calquera das ribeiras.
Cos cartos do mar compraron un Seat 1500 de segunda man e ela, aquela muller dona de seu, aprendeu a conducir e pagou o carné tamén cos cartos do mar. Foi a primeira taxista que coñeceu a veciñanza. Era tan traballadora como tódalas outras mulleres do seu lugar, como todas as mulleres humildes, como eran as náis dos obreiros, dos mariñeiros, dos labregos e dos traballadores.
Levaba aos pasaxeiros a modiño, devagar ía a onde a chamaban, as máis da veces, a xunto do médico e cando chegaban os mariñeiros, con prezos especiais, ía co seu marido levalos ás súas casas. Era a taxista do mar, á que lle cantaban os poetas en cada parada, en cada praza e en tódolos pobos por onde andaba.
Amaba a igualdade e defendíaa, loitaba pola liberdade e traballaba para vivir e para que as súas fillas estudaran e fixeran carreira. A escola, a aprendizaxe e a formación eran para ela incuestionables, tan necesarias como o pan do almorzo. Sen ministerio, sen gabinetes de apoio e sen demagoxias, naquela época, cando ela era moza, todos sabían que para fuxir da opresión e da escravitude era necesario abandonar a submisión. Igual, exactamente igual, que hoxe.
Agora, o taxista é un dos seus netos, un home feito e dereito, con espírito de rebeldía herdado e mirando de centrar o pensamento en algo que non sexa recontar os días que faltan para as vacacións. A avoa é quen fai o xantar e quen se encarga de recordar cada día aquelo de que, como dicía Victor Hugo, “a primeira igualdade é a equidade”.
Nisto participa tamén a Tía Manuela, consciente de que unha sociedade non pode ser libre se non hai igualdade e para a igualdade non se precisan tantas estruturas administrativas ou gobernamentais senón vontade e sentido común, educación e respecto duns aos outros. Volver a vista atrás pode axudar para andar seguros cara un mundo máis xusto, polo tanto con maior igualdade e con máis liberdade. Imos ver!

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...