Este mércores preséntase a serie “Premios de Teatro Rafael Dieste”

22 Marzo 2022

Esta semana vaise presentar a serie Premios de Teatro Rafael Dieste, editada pola Asociación de Directores de Escena coa colaboración da Deputación da Coruña. A serie recupera, estuda e difunde, tanto no orixinal en galego como en castelán, as obras galardoadas no certame desde os seus inicios.

A cita será este 23 de marzo ás 19:30h. Segundo explican a Deputación e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, daranse a coñecer no seu transcurso os oito primeiros volumes que conforman esta contribución cultural.

Na presentación participarán o dramaturgo Manuel Lourenzo – un dos galardoados cos premios que levan o nome do escritor rianxeiro-, a presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo, o co-director de publicacións de ADE, Manuel Vieites, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Segundo explica a Deputación con máis detalle, “a filosofía desta edición bilingüe das obras gañadoras do certame para textos teatrais parte da notoriedade que o certame ten acadado entre os que se conceden no ámbito escénico do Estado español, dunha banda, e pola historia que ofrece do panorama da literatura dramática galega actual, doutra”. Desde a ADE tamén indican que o obxectivo desta serie é o de recuperar, estudar e difundir, tanto no seu orixinal en galego como en castelán, as obras galardoadas desde o nacemento do certame.

Todos os volumes ofrecen os textos orixinais nas dúas linguas, traducidos ben polos propios autores ou por outras coñecidas figuras do ámbito literario e teatral galego. Ademais cada volume conta cunha introdución e edición a cargo de profesionais do ámbito da investigación e da teoría teatral.

O primeiro volume, Ei, Feldmühle! de Xesús Pisón foi traducido e editado por Inmaculada López Silva. O segundo, Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño, fora traducido polo autor e editado por Eduardo Alonso. Séguenlle Matalobos de Raúl Dans, traducido e editado por Roberto Pascual –gañador do certame en 2021-; Venenos de Xesús Pisón con edición e tradución de Inmaculada López Silva; O serodio remordemento do amor de Xavier Lama con tradución do autor e edición de Dolores Vilavedra; Magnetismo de Manuel Lourenzo con tradución do autor e edición de Manuel F. Vieites; Doentes de Roberto Vidal Bolaño traducido polo autor e con edición de Roi Vidal Ponte; e Ninguén chorou por nós de Miguel Sande traducido polo autor e con edición de Manuel F. Vieites.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...