Unha vintena de persoas participou na xornada sobre problemas de conduta na adolescencia celebrada en Dodro

02 Marzo 2022

O Local Multiusos da Paxareira, en Dodro, acolleu a semana pasada, o xoves 24 de febreiro, unha actividade formativa de interese para as familias con adolescentes, para educadores e, en xeral, para as persoas que traballan con adolescentes: a xornada Problemas de conduta na adolescencia.

Foi unha formación que tratou temas de gran interese social, impartida pola psicóloga Patricia Purrua, que puxo de manifesto a evolución que sufrimos ao longo da adolescencia así como os principais problemas que se sofren nesa etapa. Participaron unha vintena de persoas.

Organizou a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas de Dodro-Padrón-Rois-Valga e os Concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga, xunto coa Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...